Nota sobre os cambio de grupo. Grao en Arquitectura.

NOTA SOBRE OS CAMBIOS DE GRUPO. GRAO EN ARQUITECTURA
Ante a reiteración de preguntas sobre as condicións nas que se admitirán cambio de grupo para o curso 2012/13 na da ETSAC, estarase ao disposto no indicado pola normativa da UDC.

Excepcionalmente, a ETSAC, estudará aqueles casos puntuais nos que os estudantes teñan permanecido na mesma xornada docente (sexa esta de mañá ou de tarde) cando menos durante dous cursos consecutivos e de acordo cos horarios para o curso 12-13 vaian ter, por terceira vez, a mesma xornada. Estudaranse tamén os casos nos que os estudantes, presenten una coincidencia de horarios de nun alto número de materias.

A tal fin ábrese un prazo ata o MARTES 4 DE SETEMBRO para que os estudantes interesados presenten ante a Secretaría da ETSAC una solicitude, expoñendo a súa situación e a súa demanda con precisión.

A ETSAC resolverá, a fin de permitir a matrícula dos estudantes nos prazos establecidos e a súa rápida incorporación ás aulas.