O FAB LAB DA ETSAC A PLENO RENDEMENTO NA CONSTRUCCIÓN DE VISEIRAS DE PROTECCIÓN

Profesorado e alumnado da ESTAC, coordinado por Pepe Vázquez, está producindo a través da plataforma Coronavirusmakers viseiras de protección. Este grupo integrouse nunha rede de voluntarios de toda España que aplican a tecnoloxía 3D para fabricar equipos de protección e material sanitario cos que contribuir a mitigar os efectos da emerxencia do coronavirus.

As máquinas do laboratorio de fabricación dixital da ETSAC están imprimindo este material, que xunto cos vinilos recolectados, son entregados nos puntos de recollida habilitados para incorporararse ao circuíto de subministro a centros sanitarios e asistenciais.

Calquera persoa que se queira integrar nesta iniciativa sen ánimo de lucro pode facelo poñéndose en contacto coa dirección da Etsac no email etsacdir@udc.es

+ info sobre a iniciativa: https://www.coronavirusmakers.org/index.php/es/

A noticia na prensa: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2020/03/25/makers-contra-covid-viseras-proteccion-gallegas/0003_202003G25P22991.htm