Palestras da materia Hábitat Básico abertas a toda a escola

 

Dous grandes operadores en materia de construción social do hábitat son Enxeñaría sen Fronteiras e Arquitectura sen Fronteiras. Hábitat Básico oferta a toda as persoas interesadas o coñecemento do seu traballo a través das palestras:

TECNOLOXÍAS DE BAIXO CUSTO PARA ABASTECEMENTO E SANEAMENTO DE AUGA EN CENTROAMÉRICA (UN ENFOQUE DE DEREITOS) con SERGIO FENÁNDEZ ALONSO, Enxeñaría sen Fronteiras

O PAPEL DA ARQUITECTURA NA CONSTRUCCIÓN COLECTIVA DO DEREITO A HABITAT con LARA MEDÍN, Arquitectura sen Fronteiras

Presenta: Plácido Lizancos

Cando: xoves 11 de abril de 2019, 11.00-12:30h

Onde: aula 4.II.A, cuarto andar ETSAC

Máis información: CARTAZ-ESF_ASF