Curso de verán EMPTY CORUÑA: últimas prazas

 

O CURSO DE VERÁN EMPTY CORUNA oferta as súas prazas finais.
 
O curso “EMPTY CORUÑA?”  PROCESOS HABITADOS: OS EFECTOS DA CRISE NO TECIDO URBANO DA AREA URBANA DA CORUÑA dirixese a estudantes de calquera disciplina. Oferta 3 módulos de 1.5 ECTS.
 
Abrirase no cárcere vello e percorrerá diversos lugares de Empty Coruña dende o vindeiro 29 de agosto ao 8 de setembro. Acompañarase de diversas exposicións.
 
Pretende unha aproximación dende a arquitectura, o medio ambiente, o dereito, a economía e a socioloxía a un fenónemo que ten deixado só na área urbana da Coruña uns 2,000 cadáveres inmobiliarios e unha desoladora paisaxe de casas sen xente e de xentes sen casas.
Ademais de profesorado da UDC tenen confirmado a súa asistencia Ethel Barona, Eva Morales, ERGOSFERA, Lukas Amacher e Anne-Julchen Bernhardt.
 
Está dirixido por Plácido Lizancos, da ETSAC, Estefania Calo da Universidad de Extremadura e polos suízos Hans C. Ruffer e Scott Lloyd.