Proxectos 3. Sesións de traballo artes en movemento con Javier Martín

O martes e o xoves da semana pasada, o alumnado de Proxectos 3 e os seus profesores/ as realizaron dúas sesións de traballo dentro do ámbito das artes do movemento dirixidos por Javier Martín. Estas accións forman parte do programa “residencias paraíso” no Teatro Colón no que se está desenvolvendo “método negro”: instalación – performance – acción contemporánea – investigación

+ información: http://www.teatrocolon.es/es/evento/metodo-negro-coreografia-de-javier-martin/