Reunión na ETSAC do proxecto Empty Coruña

 

Perto de trinta persoas entre profesores e estudantes da UDC procedentes dos graos e mestrados de Arquitectura, Socioloxía, Enxeñarías da Edificación e Camiños, Empresa, Dereito así como do Grupo de Estudos Territoriais e do CARTOLAB reuníronse, o venres 06 de abril na ETSAC xunto cos seus socios da ETH de Zürich para avanzar nas estratexias desta iniciativa. Asistiron tamén invitados da banca e dos movementos sociais, chamados a participar.

“EMPTY CORUÑA?” é un proxecto que desde unha visión holística e dun enfoque de dereitos pretende a análise dos efectos da crise financieira no corpo urbano da área metropolitana da Coruña. Aprezándose unha desoladora paisaxe de casas sen xente e de xentes sen casas e noutras moitas outras feridas aínda abertas na cidade.

Na UDC encabezan e promoven o proxecto o profesor da ETSAC Placido Lizancos e a Dra. en Socioloxía Estefanía Calo. Pola parte suíza fano os profesores e arquitectos Scott Lloyd e Hans Ruffer.