Visita da ETSAC ao antigo cárcere de Lugo

O pasado venres 23 de febreiro, 53 alumnos de Comunicación Gráfica en Arquitectura (CGA) e os seus catro profesores (Paula Fernández-Gago, Inés Pernas, Javier Fraga e Carlos Mantiñán) veñen de visitar o Centro Cultural situado no antigo cárcere de Lugo, inaugurado o pasado 30 de marzo de 2017, sobre o que están a traballar no presente curso académico.
A rehabilitación foi levada a cabo polos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco, quen o pasado luns 5 de febreiro ofreceron unha interesante palestra sobre o proxecto de rehabilitación e os detalles da súa construción.