ETSACADEMIA

 

ETSACADEMIA é unha iniciativa impulsada desde a dirección da ETSAC para expoñer e debater, aberta e propositivamente, os problemas académicos que nos interesan.

Trátase de organizar a exposición de aqueles aspectos da nosa actividade académica que desexemos mellorar, analizando as causas e propoñendo solucións. Todas as conversas que imos mantendo, en quente, e cos compañeiros máis próximos, deberíamos compartiras entre todos, co obxectivo de tomar medidas efectivas para cambiar todo co que non estamos satisfeitos.

ETSACADEMIA está dirixido a profesores e estudantes da ETSAC, e convidamos a aqueles membros do PAS que estén interesados. Todos poderemos participar asistindo á xornada e intervindo nos debates, ou propoñendo unha ponencia para ser exposta, de forma individual ou en grupo.

Máis información: ETSACADEMIA