Proxecto ríos: Inspección do río Lagar. OMA UDC

PROXECTO RÍOS: INSPECCIÓN DO RÍO LAGAR

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos de Galiza. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsables da vixilancia do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Estas inspeccións realízanse dúas veces ao ano, primavera e outono, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos. É unha oportunidade para coñecer esta metodoloxía e aprender como protexer e desfrutar dos ríos, e un primeiro paso para crear un grupo autónomo de protección dos ríos.

Estudaremos o treito do río do Lagar situado entre o Edificio de Servizos Centrais de Investigación e a Facultade de Economía e Empresas. O río do Lagar nace nos montes da Zapateira e aliméntase de mananciais procedentes co Monte da Fraga e os campus da Zapateira e Elviña.

Organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, coa colaboración do Concello da Coruña.