Visita da ETSAC ás Meninas de Canido

 

Visita da ETSAC ás Meninas de Canido. Proxecto artístico desenvolvido no barrio ferrolano que durante os seus dez anos de actividade ten contribuído á recuperación urbana desta parte da cidade. Os alumnos da materia Representación Avanzada na Arquitectura foron acompañados polos seus profesores Margarita Lorenzo e Evaristo Zas que recibiron explicacións do alma mater do proxecto durante o percorrido, Eduardo Hermida, a quen amosamos o noso agradecemento.

Os profesores da ETSAC, Carlos Pita e Valentín Lamas, son autores de distintas aportacións artísticas en anteriores edicións do proxecto.