RAGBA: palestra do profesor Celestino García Braña

 

O martes día 17 de outubro ás 20:00 horas reanúdase na Real Academia Galega de Belas Artes o ciclo “Martes das Artes” cunha serie de conferencias sobre a arte da Revolución Soviética baixo o título “Ciclo Construtivismo”.

A primeira palestra “Unha aproximación ao construtivismo” será impartida por Celestino García Braña, profesor da ETSAC.