Promoción ETSAC 2012-17: acto de graduación na Maestranza

 

O sábado 10 de xuño celebrouse no paraninfo da Maestranza da Coruña a graduación dunha nova promoción da ETSAC, a 2012-17. O acto foi presidido polo reitor da UDC, Xulio Abalde, e polo director da ETSAC, Fernando Agrasar, que estiveron acompañados dos subdirectores Amparo Casares e Evaristo Zas.

A promoción 2012-17 contou, como padriños, cos profesores Xabier Louzao, Juan Creus e Iago Carro.

En representación dos estudantes falaron: Marta Sicre Maside, Diana Trevín Mauriz, Daniel Vázquez Paredes e Fabio Veiga Rey.

Parabéns a todos os alumnos e aos seus familiares!