Xornada sobre barreiras arquitectónicas con participación dunha alumna ETSAC

 

A ONCE, Servimedia e OTIS organizan un encontro informativo, a modo de mesa redonda: “2017: O fin das barreiras?” que inaugura Francisco Javier Abad pardo, secretario xeral técnico da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

 Galicia é a comunidade que rexistra unha maior taxa de discapacidade, con máis de 200.000 persoas, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística.

As xornadas contarán coa presenza da alumna da ETSAC Belén Vaz Luis, cuxo Traballo de Fin de Grao leva o título “Saber ver a arquitectura sen barreiras”.
Falarán: Guillermo Hevia, Subdirector Xeral de Proxectos e Accesibilidade, Xunta de Galicia; Luis Miguel Alcázar, Director de Proxectos Especiais, OTIS; Iker Sertucha, Presidente de CERMI, Galicia; Óscar Pedrós, Secretario da Delegación COAG-A Coruña e profesor da ETSAC; Carmela Lavandeira, vicepresidenta do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia e modera José Manuel González Huesa, Director Xeraal de Servimedia
Para asistir ao evento é necesaria a inscrición en: eventos@servimedia.net.

Data: xoves 15 de xuño de 2017, ás 09:15 da mañá

Lugar: delegación ONCE da Coruña