Mesa redonda e clausura da exposición Augas Quentes, 19 propostas para a rehabilitación do río Barbaña

 

O pasado 02 de xuño clausurouse a exposición “19 propostas para a rehabilitación do entorno do río Barbaña” na que se recolleron proxectos realizados no Taller Iacobus no curso 2015-16. A exposición que se atopaba na Molinera de Ourense rematou cunha mesa redonda organizada polo Concello e a ETSAC.

Abriu o acto o alcalde da cidade e moderou o profesor da Escola Cristóbal Crespo participando os tamén profesores Felipe Peña, Alfredo Freixedo, así como, Santiago Álvarez, autores dos proxectos e un representante do grupo Caldaria.