Tesi Meritoria en Torino para un traballo sobre Monfero codirixido por profesores da ETSAC

 

Deborah Laggiard e Ivana Lisitano, alumnas internacionais incoming no curso 2015-16, veñen de obter a máxima calificación 110/110 ‘Tesi Meritoria’ na súa Tesi di Laurea presentada no Politécnico de Torino dentro do programa di laurea Magistrale in Architettura per il Progetto sostenibile. O seu traballo, de título «Il retrofit energetico in
edilizia storica, il caso studio: Il Monasterio de Santa María de Monfero, in Galizia, Spagna», foi iniciado durante a súa estadía na ETSAC e codirixido polos profesores Patricia Sabín e Enrique M. Blanco, autores do proxecto de rehabilitación do edificio.

Máis información e acceso ao abstrat do documento: http://www.architesi.polito.it/dettaglio_tesi.asp?id_tesi=34933