Concurso de Proxectos do Foro Cerámico Hispalyt

Concurso de Proyectos do Foro Cerámico Hispalyt
 
Proyecto: Centro de información turística en Toledo
Categoría: Fachadas de ladrillo cara vista
Curso académico: 2016 / 2017
O 26 de abril finaliza o prazo de inscrición ao Concurso de Proxectos do Foro Cerámico Hispalyt, na categoría de Fachadas de ladrillo cara vista, para o proxecto dun Centro de información turística en Toledo.
No Concurso poderán participar os alumnos matriculados como mínimo en terceiro ano académico de todas as Escolas de Arquitectura de España, debendo xustificar adecuadamente esta condición mediante o correspondente impreso de matriculación. O Concurso tamén está aberto a arquitectos superiores que obtivesen a súa titulación de Arquitecto ou Máster nos tres últimos anos (desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2016), co título de Arquitecto ou Máster en Universidades onde se implantou o plan Bolonia.
A data límite para inscribirse a este Concurso é o 26 de abril de 2017 e a data límite para a presentación dos proxectos é o 3 de xullo de 2017.