Xornada Técnica: Industria 4.0 e prevención de riscos laborais

O próximo 28 de abril conmemórase o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo. Por este motivo, durante esa semana desde o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) organizan unha serie de actividades: campaña divulgativa, visitas a centros educativos e xornadas técnicas.

Na Coruña, o mesmo día 28 organizan a xornada técnica “Industria 4.0 e prevención de riscos laborais”, onde se abordarán os riscos novos e emerxentes aos que están sometidas as persoas traballadoras que traballan día a día con tecnoloxías tales como robots colaborativos, realidade virtual e realidade aumentada, big data, drons, nanomateriales, etc.

O programa da xornada está dispoñible na seguinte ligazón:

http://issga.xunta.gal/portal/contido/formacion/xornadas/coruna/curso_0004.html

As xornadas son gratuítas. Requiren inscrición previa, que se pode facer a través dun sinxelo formulario dispoñible na ligazón anterior.