Resultados da fase local do Concurso Internacional Isover

 

Fase local A Coruña

Concurso internacional para estudiantes de arquitectura ISOVER Multi-Comfort House

Edición 2017 (10ª convocatoria): Rehabilitación urbana de una Comunidad en Madrid

O martes 21 de marzo de 2017 fallouse a fase local do concurso internacional para estudantes de arquitectura MULTI-COMFORT HOUSE, convocado pola empresa Isover, desenvolto dentro do Taller 8 (4º curso) da ETSAC.

A tarefa desta décima edición consistiu na rexeneración urbana dunha comunidade residencial dentro do perímetro do Gran San Blas de Madrid. Os estudantes tiveron a oportunidade de demostrar os seus coñecementos en construcións de alta eficiencia enerxética e confort acústico, en consonancia cos criterios Multi-Comfort House.

Tras o estudo e exame dos 39 proxectos presentados, valorándose positivamente a calidade xeral dos traballos otorgáronse tres premios. O primeiro para o equipo composto polos alumnos Andrea Montes González, Carmen Omil Rivas e Sergio Ortuño Coves; o segundo, para o composto por Eva Silva Quintairos, Rubén Seco Pico e Alejandro Sánchez Buján; e o terceiro para a proposta de Marta Garaboa Jeremías, Montserrat Pardiño Ben e Manuel Gabriel Cotelo Varela. Ademáis dun accésit ao proxecto de Paula Santiago Calleja e Joshua Somoano Fernández.

Tras a renuncia dos membros do segundo clasificado, o primeiro e terceiro clasificados representarán á ETSAC na final que terá lugar en Madrid o vindeiro 21 de abril.

Parabéns a todos os gañadores!

Para máis información do concurso: http://www.isover-students.com