Obradoiro Fornos Solares. Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA)

Obradoiro Fornos Solares

Edificio LERD

28 de marzo, 11h
oma3@udc.es

Como cada primavera, e tralo gran éxito que teñen tido outras xornadas de construción de fornos solares, a Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA) ten o pracer de convidalos a participar na que se vai celebrar o próximo 28 de marzo no Edificio do LERD (Campus de Elviña).

O obradoiro de construción de fornos solares estará dirixido por Juan Bello, experto en cociña solar e profesor do departamento de edificación e Obra Civil do SFP de Someso. Comezará ás 11 da mañá, e durante unhas 2 horas, os participantes construirán o seu propio forno solar que poderán levar para a súa casa.

Este obradoiro de fornos solares ten como obxectivo construír fornos solares que serán empregados na vindeira xornada do 27 de abril, na que se van presentar todos os fornos á comunidade universitaria e se cociñará neles para demostrar a súa eficiencia, como xa se fixo o ano pasado, chegando a cociñar máis de 50 pratos diferentes.

Para esta actividade, pedimos que se traian caixas de cartón e algún material para cortar, como un cúter para a elaboración do forno. As medidas aproximadas para as caixas son as seguintes 60×60 cm e unha altura entre 25-30cm, e un bo lote de cartón adicional, suficiente para facer o illante.

Para unha mellor organización da actividade, pedimos que vos inscribades no seguinte enderezo oma3@udc.es xa que as prazas son limitadas.

+ información: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/2017/03/obradoiro-fornos-solares-edificio-lerd.html