Punto de atención Quérote+ na UDC

Punto de atención Quérote+ na UDC

A comunidade universitaria ten á súa disposición un servizo de información e asesoramento á mocidade, en temas relacionados coa sexualidade, parella, prevención, autoestima e outros. Trátase do Quérote+, que a raíz do convenio asinado entre a UDC e a Xunta de Galicia, no marco da iniciativa UDC Saudable, habilita un Punto de información no Centro Universitario de Riazor, onde se presta este servizo de forma totalmente gratuíta, anónima e confidencial.

A atención no Punto Quérote+ da UDC terá lugar neste curso o primeiro e último mércores lectivo de cada mes, de 17:00 a 19:00 horas. Este servizo ademais de ofrecer información dos distintos temas, conta cunha serie de programas como o de dispensación de preservativos masculinos, femininos e bandas de látex, ou o programa de probas (test de embarazo e proba rápida de VIH).

Quérote+ tamén dispón de centros nas principais cidades galegas, así como de outras vías de contacto:

Teléfono: 981 223 913

Web: xuventude.net

Whatsapp: 647 018 752

Skype: querotemais.videochamada@gmail.com