Xornada “Caixas niño”. OMA

O próximo 25 de xaneiro, ás 15h30 comezará unha xornada sobre “Caixas niño” na Facultade de Ciencias organizada pola Oficina de Medio Ambiente da UDC

Comezaremos cunha charla no salón de actos da Facultade de Ciencias ás 15h30 na que se nos dirá cal é o obxetivo das caixas, como se constrúen, os seus beneficios para a fauna, para a boidiversidade… Os relatores serán Ramsés Pérez de ADEGA e Cosme Damián Romay de GN-Hábitat. De seguido faremos unha saída ao campo, ás 16h15 para comprobar o estado das que xa colocamos o ano pasado no Campus. A diferenza de outros anos, os participantes non construirán cada un súa caixa niño, xa que se prioriza divulgar cal é a súa función e revisar as instaladas outros anos.

Prazas limitadas. Inscríbete en oma3@udc.es

+ información do noso Facebook, Twitter ou neste blog http://medioambienteudc.blogspot.com.es/2017/01/iii-xornada-sobre-caixas-nino.html