Academia Galega de BBAA: palestra de Covadonga Carrasco e Juan Creus

 

O martes día 13 de decembro ás 20:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Academia Galega de Belas Artes a palestra CREUS e CARRASCO. CONSTRUIR E CAMBIAR. ÚLTIMAS OBRAS E PROXECTOS  impartida por Covadonga Carrasco, arquitecta, e Juan Creus, profesor da ETSAC e director do dpto. de Proxectos e Urbanismo.

Reflexión sobre o feito de entender a arquitectura como arte transformadora dos xeitos de vivir. Crear un novo espazo influe nas maneiras de sentir o entorno. A arquitectura é un instrumento de cambio que remexe a historia e analiza a actualidade do lugar. O seu valor. Sempre na busca dunha transformación do habitar cara a súa mellora. Obras como a Casa Chao, o albergue Bela Muxía ou o Restaurante O Fragón, así como proxectos como a Mellora da Mariña amosan un camiño fundamentado no construír como forza de cambio.