Campaña de aforro de enerxía. ETSAC_UDC_OMA

Campaña de aforro de enerxía. ETSAC_UDC_OMA

Iníciase unha campaña de aforro de enerxía na Escola Técnica Superior de Arquitectura, promovida dende a Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña.

A campaña persegue o obxectivo de implicar a toda a comunidade educativa do centro no consumo responsable.

A importancia dun xesto:

  • apaga as luces cando saias da aula
  • apaga o proxector
  • desenchufa os aparellos electrónicos cando non os uses
  • para o traballo individual utiliza aulas xa ocupadas