Curso de interpretación do patrimonio. OMA – ADEGA

Curso de interpretación do patrimonio
Os próximos días 7 e 8 de novembro, a OMA (Oficina De Medio Ambiente da UDC) xunto coa asociación ecoloxista ADEGA, realizarán unha presentación dos proxectos de voluntariado ambiental en marcha no Monte da Fraga, no campus da Zapateira da UDC.

Manuel Pimentel profesor de Ciencias da área de Botánica presentará o proxecto Monte da Fraga. A continuación, María Lafuente, membro de ADEGA, presentará as actividades de voluntariado ambiental da OMA.

Coma prato forte das xornadas, Araceli Serantes (Boli) profesora de Educación Ambiental na UDC e socia da AIP (Asoc. Para la interpretación del Patrimonio)impartirá o curso de “interpretación do patrimonio, como poder comunicar unha guía con éxito”.  Terá lugar un obradoiro para o deseño dunha rota con paneis interpretativos para o Monte da Fraga.

Para participar nestas xornadas, é necesario inscribirse no e-mail: oma3@udc.es xa que as prazas son limitadas. Para calquera dúbida no tocante as actividades ou calquera outra cuestión, podes porte en contacto a través das distintas redes sociais como son Twitter, na nosa páxina de Facebook ou seguindo este Blog.

Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias da UDC (Campus da Zapateira)
Horario: luns 7 e martes 8 de 16:00 a 18:30
Inscrición: oma3@udc.es

http://medioambienteudc.blogspot.com.es/2016/10/proxectos-de-voluntariado-ambiental-no.html

voluntariado1