CONVOCATORIA ADIANTADA: MODIFICACIÓN DA NORMATIVA

CONVOCATORIA ADIANTADA: MODIFICACIÓN DA NORMATIVA
“O alumno de grao e mestrado que non teña pendente máis que a superación de 12 créditos ou
dúas materias das que xa estivese matriculado nalgún ano académico ou de 18 créditos
correspondentes a prácticas, ademais do TFG ou TFM, para rematar os seus estudos, poderá
concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación que se realizará antes da finalización
das actividades académicas correspondentes ao 1° cuadrimestre, naquelas datas que se
establezan no calendario académico que aprobar o Consello de Goberno.”
IMPORTANTE: O alumnado que, cumprindo os novos requisitos establecidos, desexe acollerse á oportunidade adiantada nalgunha materia, deberá presentarse na secretaría do centro á maior brevidade posible.