Declaración medioambiental. Green Campus – ETSAC

O Comité Medioambiental da ETSAC aprobou na súa sesión de hoxe, 25 de abril de 2016, a seguinte

 DECLARACIÓN MEDIOAMBIENTAL. ETSAC

1. LEGALIDADE AMBIENTAL

  • – Realización dunha Ecoauditoría, de Acción e Declaración Medioambiental Green Campus ETSAC UDC .
  • – Creación dun Comité Ambiental para o seguimento das accións recollidas no plan Green Campus da ETSAC.
  • – Cumprir esta Declaración e as accións derivadas da súa aplicación.

2. AFORRO DE ENERXÍA

  • – Optimizar o consumo de luz.
  • – Promover a redución de enerxía entre o alumnado e o profesorado da ETSAC.

3. AFORRO DE AUGA

  • – Optimizar o consumo de auga.
  • – Promover o peche de billas e favorecer a reparación de aparatos para a redución do consumo de auga.

4. XESTIÓN DE RESIDUOS

  • – Reducir, separar, reutilizar e reciclar, residuos como papel, plástico, aceite, entre outros.
  • – Optimizar o consumo de produtos.

5. XESTIÓN DOS RAEE

  • – Reducir, separar, reutilizar e reciclar, RAEE, RPA, tonner, entre outros.

6. MOBILIDADE SUSTENTABLE

  • – Promover o emprego de sistemas de transporte respectuosos co medio ambiente como a bicicleta e o transporte público.
  • – Compartir e reducir o uso do coche.

7. CONSUMO RESPONSABLE

  • – Incentivar o consumo xusto e responsable de produtos reutilizables e reciclables
  • – Outorgar preferencia aos provedores e servizos que garanticen un adecuado nivel de calidade ambiental.
  • – Promover o emprego de documentos en formato electrónico e da administración virtual.

8. ALIMENTACIÓN SAUDABLE

  • – Controlar a alimentación saudable na cafetería.

9. EDUCACIÓN AMBIENTAL E VOLUNTARIADO

  • – Acoller ou desenvolver xornadas, concursos e accións de formación e sensibilización que involucren ao alumnado no medio ambiente a través da arquitectura e outras disciplinas.
  • – Propoñer a redacción de TFG , TFM e Teses Doutorais en materia de sustentabilidade medioambiental, bioconstrución, etc.
  • – Favorecer a difusión sobre actividades de carácter medio ambiental, de outros centros ou organizacións.

10. BIODIVERSIDADE

  • – Impulsar a educación do centro en boas prácticas ambientais en canto a construción do paisaxe, xardíns verticais ou calquera uso de materias e vexetación que favorezan a biodiversidade na nosa entorna.