Curso compostaxe e horta urbana na UDC

CURSO COMPOSTAXE E HORTA URBANA NA UDC

O próximo 7 de Abril terá lugar esta actividade teórico – práctica organizada pola OMA en colaboración coa Asociación Ecoloxista ADEGA, na que en primeiro lugar aprenderemos os conceptos teóricos sobre compostaxe, nunha charla introdutoria sobre os beneficios da compostaxe a cargo de Manuel Soto, profesor de Enxeñaría Química (onde imparte materias relacionadas co tratamento de residuos) e director da Oficina de Medio Ambiente. A continuación visitaremos as áreas de compostaxe onde se están a recoller os restos das cafeterías do campus da Zapateira, que son xestionadas polo persoal bolseiro da OMA. Para rematar a xornada, faremos a plantación na horta situada na Praza da Fraga, e empregaremos este compost como fertilizante.

Como agasallo, os participantes poderedes levar unha mostra de compost para usar nas vosas hortas e macetas!

O horario e programa completo da actividade é o seguinte:

15:30 h. Charla introdutoria: Os beneficios da compostaxe. Salón de Actos da Facultade de Ciencias.

16:30 h. Visita técnica ás áreas de compostaxe da Zapateira.

17:15 h. Plantación da horta urbana, na Praza da Fraga.

Reparto do compost e remate aproximado da actividade ás 18:00 h.

 

Podes inscribirte de forma gratuíta enviando un correo co teu nome e DNI a oma3@udc.es. As prazas son limitadas, cubriranse por orde de inscrición.

Máis información no Blog da OMA:  http://medioambienteudc.blogspot.com.es/

E no Facebook: Oficina de Medio Ambiente.

Se queres saber máis sobre compostaxe, podes descargar de xeito gratuíto o Manual de Compostaxe caseira elaborado por ADEGA na seguinte ligazón:

http://adega.gal/web/media/documentos/manual__compostaxe.pdf

cartaz compostaxe