Proxecto Ríos: Inspección de primavera do río Lagar

PROXECTO RÍOS: INSPECCIÓN DE PRIMAVERA DO RÍO LAGAR

 O próximo 6 de Abril ás 15:30 h terá lugar a segunda inspección do curso 2015 – 16 do río Lagar, no Campus de Elviña.

A Oficina de Medio Ambiente, en colaboración con ADEGA e o Proxecto Ríos, organizan un ano máis este encontro de primavera.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos galegos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas voluntarias. Estas inspeccións realízanse dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumprimentar as Follas de Inspección. 

 Realizarase unha avaliación pormenorizada atendendo a parámetros como o caudal, análise de augas (medición do pH, temperatura da auga, cantidade de O2 disolto…), estudo de fauna (mostraxe de macroinvertebrados) e flora (características do bosque de ribeira).

 O principal fin é achegar a poboación ao contorno natural, concienciando da importancia de adoptar actitudes encamiñadas a protexer e mellorar o medio ambiente.  Ademais aprenderase a recoñecer a calidade biolóxica e fisicoquímica dos mesmos.

 

Data e hora: 6 de Abril, 15:30 h.

O lugar de encontro será a entrada principal da Facultade de Economía e Empresas.

Prazas limitadas. Inscricións en oma3@udc.es.

 Máis información en www.proxectorios.org


Lembrade levar calzado axeitado e chuvasqueiro se chove algo, e botas de auga (opcional) para meternos no río. Se chove moito avisarase da suspensión da actividade.

Proxecto ríos