2ª Edición da Xornada de Bioconstrución na UDC: Visitas técnicas.

2ª EDICIÓN DA XORNADA DE BIOCONSTRUCIÓN NA UDC: Visitas técnicas.

Data e hora: 16 de marzo, 15:30 h.

Punto de encontro: Entrada da Facultade de Economía e Empresa.

O próximo mércores día 16, a Oficina de Medio Ambiente da UDC, xunto coa Asociación Ecoloxista ADEGA, organizaremos unha xornada de BIOCONSTRUCIÓN na que visitaremos os seguintes proxectos:

Módulo experimental Biovalvo. Belén González (Grupo GCons-UDC)

Módulo de mobiliario urbano BanCob. Víctor González (Asociación ESPIGA)

Módulo bioclimático A Vieira. Juan Bello (CIFP Someso)

A xornada comezará ás 15.30h coa recepción dos asistentes e presentación da actividade na entrada principal da Facultade de Economía de Empresa, a cargo do persoal da OMA, para dirixirnos en primeiro lugar ao Módulo experimental BIOVALVO, construído baixo o estándar passivhaus e bioconstrución, con cunchas de mexillón. A continuación visitaremos o Módulo de mobiliario urbano BANCOB, un banco construído coa técnica de COB. As 17.15h aproximadamente, achegarémonos ata o CIFP de Someso para coñecer o Módulo bioclimático experimental A VIEIRA, unha construción experimental realizada con balas de palla, recubrimentos de barro e cuberta axardinada que mostra un excelente comportamento bioclimático. Prevendo o remate da actividade entorno as 18.30h.

Cando falamos en termos construtivos, referímonos á Bioconstrución coma un sistema de edificación que se basea na utilización de materiais que respecten a saúde e de baixo impacto ambiental, ecolóxicos, reciclables e extraídos mediante procesos sinxelos e de baixo custo, e na correcta adaptación ao medio facendo uso de elementos pasivos e naturais para necesidades como a iluminación ou o confort térmico. Con estas premisas realízanse construcións sas e ecolóxicas.

O acto de construír e edificar xera un grande impacto no medio que nos rodea. A bioconstrución persegue minimizalo construíndo coa natureza e non a costa dela, de modo que se satisfagan as necesidad sen perxudicar a saúde nin das persóas, nin do entorno, nin do planeta.

Podes inscribirte de forma gratuíta enviando un correo co teu nome e DNI a oma3@udc.es. As prazas son limitadas, cubriranse por orde de inscrición.

Para máis información, podes visitar as páxinas destes proxectos, e tamén o blog e facebook da OMA.

http://biovalvo.blogspot.com.es

http://espigabioconstrucion.org

http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/es

http://medioambienteudc.blogspot.com.es

OMA 16 marzo