Nexos: Novísimas miradas na arquitectura galega

nexos_1

 

Ciclo de cultura contemporánea Nexos baixo o título “Novísimas miradas na arquitectura galega” organizado pola Cidade da Cultura coa colaboración do COAG e no que intervirán Elizabeth Abalo e os profesores da ETSAC Guadalupe Piñera e Cristóbal Crespo.

A recente crise do sector inmobiliario asestou un duro golpe ao oficio de arquitecto, obrigando a repensar os seus enfoques e prioridades. O anterior modelo, escorado cara o espectáculo, cedeu paso a intervencións máis mesuradas, eficientes, sustentables e ancoradas no contexto social. Esa reformulación coincide en Galicia co agromar dunha extraordinaria xeración de profesionais que están a obter recoñecemento fóra das nosas fronteiras. Nesta sesión trazarase unha panorámica sobre esas novas miradas, sobre as autoras e autores que están a despuntar e sobre as correntes que se albiscan no futuro inmediato.

Máis información: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/novisimas-miradas-na-arquitectura-galega