Cinemascapes no CGAI

cgai_01

 

Cilclo de cine CINEMASCAPES no CGAI. Máis información: www.facebook.com/centrogalegoartesimaxe
Data: 05 febreiro 2016, ás 20:30 h.
Lugar: Sala de proxeccións CGAI. Durán Loriga, 10 baixo. 15003 A Coruña
Cinemascapes/Presentación do libro “Escritos de juventud”
La infancia de Iván Andrei Tarkovsky, 1962. 95’. 35mm. Subt. Castelán.
Entrada de balde. Presentación: J.M. Mouriño, C. Crespo e E. R. Blanco.
En colaboración co Grupo de investigacion pARQc,
Proyecto Arquitectura y Ciudad da UDC (Universidade da Coruña).
É sabido que a irrupción da paisaxe como tema, como
disciplina, asóciase á súa representación e, concreta-
mente, á paisaxe pictórica que inicia o seu percorrido
no Renacemento e ten episodios tan memorables en
atinir, Claudio de Lorena, Poissin e tantos outros,
ata tal punto de que aquilo que lle é propio á pintura,
o “pintoresco”, non é senón a paisaxe sobre o plano do
lenzo.
Coa aparición do cine a finais do século XIX, o “Fíl-
mico” interpélanos sobre aquela condición que lle é
xenuína. Seguindo a Deleuze nos seus estudos sobre
Cine, descubrimos o fílmico na imaxe-tempo, imaxe
óptica pura, en contraposición á imaxe-acción tan
propia do cine de Hollywood. “Esculpir o tempo”, tal e
como Tarkovsky nos aprendeu. Recoñecer a verdade
do cine en movemento da cámara que cuestiona a
acción sobre o plano da pantalla.
O Fílmico, esa inflación do tempo, eses lugares arre-
dados, remítennos á imaxe pura sobre a superficie da
pantalla e por iso á Paisaxe. O Fílmico, a percepción
na distracción tal e como recoñeceu Walter Benjamin,
puidera ser ademais a aparición da paisaxe sobre o
plano da pantalla. Unha cristalización da imaxe en
paisaxes, texturas e fantasías.
“Cinemascapes” non como enésima utopía romántico-
ecolóxica, senón como a capacidade do cine de nos
situar fóra do espazo narrativo que necesariamente
nos traslada á condición de campo do lenzo, da pan-
talla, e á dislocación do par significante-significado,
que nos enfronta descarnadamente ao abismo do
desasosego e das nosas soidades. (Cristóbal Crespo,
Emilio Rodríguez Blanco)