VI Xornada de Sustentabilidade na UDC

O vindeiro 1 de decembro celébrase a VI Xornada de Sustentabilidade na UDC.
Un ano máis, gustaríanos invitarvos a participar nas actividades que organizamos desde a OMA, aproveitando a chegada do Nadal para fomentar entre a comunidade universitaria unha mensaxe de consumo responsable e coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.

Durante toda a xornada poderás participar en:
          Obradoiro de libretas 2 caras 2 usos
          Exposición A Pegada Ecolóxica
          Mercadiño de troco: Trae os teus Libros, Roupa e Accesorios e volta a casa con uns novos!!

Contaremos con puntos de recollida de:
          Móbiles
          Roupa e xoguetes
          Aceite usado
          Participa doando as cousas que xa non che serven!!
 
Haberá obradoiros gratuitos durante a xornada:
          Cosmética natural
          Reutilizamos caixas de froita e botellas
          Creación de adornos de Nadal con refugallos
          Ergonomía e mantemento da bici

Consulta horarios no blog da OMA, e inscríbete en oma3@udc.es
Ademais, contaremos coa proxección de Fíos Fora, documental que fai un novelo do sector téxtil en Galiza e no extranxeiro, antes e agora. http://fiosfora.gal/
Algunhas das entidades participantes que poderás coñecer son:
Enxeñería sen fronteiras, Arquitectura sen fronteiras, Mulleres colleiteiras, Mobi-Liza, Espiga, Grupo Naturalista Hábitat, CEIDA, Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, Mar de Mares, Equus Zebra, Mobilizate pola Selva.
Esperámoste o día 1 de decembro na Facultade de Ciencias da Comunicación e Socioloxía, en horario de 11 a 18 horas!! Ven e participa!!
Máis información no blog na OMA, Facebook e Twitter.

oma navidad