Sinatura do convenio que desenvolve o artigo 83 LOU, entre a UDC e o COAG

articulo 83_1

 

O reitor da UDC, Xosé Luís Armesto, e o decano do COAG, Antonio Maroño, veñen de asinar na Maestranza, o pasado venres 13 de novembro, o convenio de colaboración entre ambas institucións para a xestión delegada de servizos científicos, técnicos, artísticos ou docentes (art. 83 LOU).

O convenio ten sido unha vella reinvindicación da ETSAC e regulará a práctica profesional dos docentes da Escola.

Este acordo entre a UDC e o COAG é froito dunha colaboración institucional que a Escola recoñece e agradece.

Texto do convenio: CONVENIO COAG-UDC