Bolsa MEC para a materia Hábitat básico

A materia de nova creación HABITAT BÁSICO solicita
CANDIDATURAS DE ESTUDANTES PARA PARTICIPAR NA CONVOCATORIA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN “BECAS DE COLABORACIÓN DE ESTUDIANTES EN DEPARTAMENTOS UNIVERSITARIOS PARA EL CURSO ACADÉMICO 2015-2016”.
O PROXECTO DHABITAT realizado en consorcio entre a UDC e Arquitectos sen Fronteiras e financiamento da Cooperación Galega tiña por obxectivo a introdución da Educación para o Desenvolvemento na ETSAC.
Un dos seus obxectivos foi deseñar unha materia de nova creación denominada HABITAT BÁSICO a implantar dende o curso 2015/16 no grado de Estudos de Arquitectura.Ao fío desto preténdese a recompilación dos diversos materiais producidos no desenvolvemento do PROXECTO DHABITAT parcialmente almacenados no repositorio www.udc.gal.dhabitat e a súa disposición como material académico propio desa nova materia e en xeral, accesible a toda a comunidade académica.
Esta acción será coordinada polo profesor Plácido Lizancos, quen oferta ao abeiro da convocatoria do Ministerio de Educación e Ciencia unha praza para solicitar unha das “Becas de colaboración de estudantes en departamentos universitarios para el curso académico 2015-2016” que o Ministerio de Educación (aínda) ofrece.
As/os candidatos deben verificar estritamente os requisitos académicos do Ministerio. Especificamente para esta acción resulta imprescindible un alto dominio de ferramentas de deseño gráfico. Also a high command of English language should be welcome.
Descrición do labor a desenvolver polo/a bolseiro/a: Aquel candidato/a que apoiado neste proxecto obteña unha bolsa do Ministerio desenvolverá nas instalacións do Departamento de Representación e Teoría Arquitectónicas da UDC actividades de xestión, proceso e no seu caso, produción de materiais relacionados coa implementación do Proxecto referido. En todo caso estarase ao disposto nas condicións determinadas na convocatoria do Ministerio (BOE núm. 155 do martes 30 de xuño de 2015) e baixo a dirección do profesor referido ou dos que formen parte da materia.
As persoas interesadas enviade manifestación de interese e CV sintetizado nun A4, en formato pdf, por email, antes das 00:00 horas do 25 de xullo de 2015 a placido.lizancos@udc.es
Calquera aclaración pode ser requirida en prazo nese mesmo email.