Lanzamento do título propio en Estudos avanzados da arquitectura popular

popular_1

 

ESTUDOS AVANZADOS DA ARQUITECTURA POPULAR: un título propio da Universidade da Coruña, conxunto coa Universidade de Lisboa.

A Arquitectura Popular é unha compoñente esencial e definidora da cultura de calquera sociedade e un dos mais ricos elementos do seu acervo cultural e social. Mais tamén presenta ten relevancia económica. Por todo isto debe ser estudada e preservada.
A comprensión da cultura arquitectónica de raíz popular é esencial para a permanencia da historia, da memoria e das raíces das comunidades, constituíndo ao tempo a súa rehabilitación unha oportunidade para o desenvolvemento.
Dende o punto de vista disciplinar o estudo desta arquitectura é un territorio privilexiado para aproximarse a solucións coherentes e sustentábeis, testar novas prácticas e explorar territorios pouco frecuentados polo exercicio profesional.
Neste contexto, apoiado na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña e na Faculdade de Arquitectura da Universidade de Lisboa, nace o posgrao en ESTUDOS AVANZADOS DA ARQUITECTURA POPULAR, de 45 ECTS, a desenvolverse no curso 2015-2016.
Esta oferta académica acrecéntase coa achega da Cámara Municipal de Ponte da Barca (Portugal), vila emblemática para os estudosos dese patrimonio, que será o lugar onde se impartirán as aulas e desenvolverán os workshops vinculados.
O curso está dirixido polos profesores: Plácido Lizancos, Manuel C. Teixeira e Isabel Raposo.
+ Info e inscripcións no website da Fundación Universidade da Coruña:

 

popular_2