Obradoiro de fotografía ETSAC: MATRÍCULA ABERTA para o segundo cuadrimestre

tallerfotografia_2

Matrícula aberta para os OBRADOIROS DE FOTOGRAFÍA ETSAC 2014-15 do segundo cuadrimestre:

-Ofértanse dezaseis cursos en total, catro por cada un dos niveis, tanto en horario de mañá como de tarde, só os xoves. O curso anual non ten aberta a matrícula pois comezou xa en outubro de 2014.

-A inscripción é de balde e se fará na dirección da Escola a partir do mércores 28.01.2015

-Solicitaranse créditos de libre elección (a xeito indicativo e para o curso 2013-14 concedéronse: Obradoiros 1 + 2 (1 crédito) e Obradoiro 3 + 4 (1 crédito)

-Os alumnos non se poderán matricular dun obradoiro se non teñen feito o de nivel inferior

-Duración de cada obradoiro: 10 horas (8 horas presenciais + 2 horas de traballo titorado)

-As clases serán impartidas por Luis Carré

-Aula Obradoiros 1, 2, 3 e 5: aula 2, andar -2 do edificio de departamentos da ETSAC, xunto á UADI. Atención: por obras no Ofab as clases comezarán nas aulas de departamento de Composición ata que éstas rematen.

-Aula Obradoiro 4: laboratorio de fotografía, andar -2, ETSAC

Máis información: 2014-15 calendario obradoiros fotografía_segundo cuadrimestre