Feira da sustentabilidade Nadal 2014

Feira da sustentabilidade Nadal 2014

Facultade de Economía e Empresa

10 decembro 2014       11:00-17:00

Obradoiro: “Ecoideas para reciclar”
Hora 11.30- 13h
Lugar: 1º andar
Imparten: Oficina de cooperación e voluntariado da UDC

Neste obradoiro faremos macetas a partir de tapóns de corcho

Mesa redonda: “Proxectos de consumo responsable e reutilización”
Hora : 13.00h
Lugar: Salón de graos
Imparten:
* Proxecto GLAMURS – Adina Dumitru, investigadora da UDC no proxecto GLAMURS
* Cooperativa de consumo responsable zocamiñoca- Mariola Mourelo
* Equus zebra- ONGD reutilización de roupa na Coruña- María Luísa Pollán

Nesta mesa coñeceremos diferentes proxectos xa en marcha na universidade e na cidade da Coruña, coñeceremos o proxecto GLAMURS que é un proxecto de investigación da UDC que explora as interaccións entre factores económico, sociais, culturais, políticos e tecnolóxicos que inflúen nos estilos de vida e no desenvolvemento dunha economía verde. Tamén coñeceremos Zocamiñoca é unha cooperativa de consumo ecolóxico da cidade da Coruña, coñeceremos como funcionan e como podemos formar parte do proxecto e por ultimo a ONGD Equus Zebra que recollen roupa e outros materiais que son reutilizados xerando emprego, tamén nos explicaran como funcionan e como podemos colaborar.

Obradoiro: Adornos de Nadal
Lugar: 1º andar

Hora: 16h
Imparte: ADEGA

Neste obradoiro faremos adornos de Nadal a partir de material de refugallo.

Presentación do libro:“Cando ver aves en Galicia”
Lugar: Aínda por confirmar
Hora: 18h

Teremos con nos aos autores do libro Cosme Damián Romay e Antonio Sandoval dous expertos ornitólogos. Este libro reúne destinos e propostas de actividades para a observación de aves en Galicia en función da época do ano. Tamén inclúe unha lista de recursos sobre aves e ornitoloxía galega. De especial interese para observadores de aves afeccionados á Natureza en xeral, así como para educadores e axentes sociais e turístico que atoparán información útil para organizar e promover excursións e actividades relacionadas coas aves

Durante toda a xornada:

Mercadiño de troco
Trae a roupa que non utilizar e poderás trocala por outra dándolle unha segunda vida.

Cadernos de papel reutilizado
Co papel recollido na campaña reutiliza faremos cadernos reutilizando o papel para aproveitalo polas dúas caras, ao longo da xornada poderás facer o teu caderno. Nos darémoste os materiais.

Punto de recollida de roupa e xoguetes: mesa de Equus Zebra
Se tendes na casa roupa ou xoguetes que non utilizades antes de que acaben no lixo os podedes doar a esta entidade. Eles estarán con nos e vos poderán explicar que se fai coa roupa e os xoguetes.

Punto de recollida de aceite usado: mesa de Arquitectos sen fronteiras proxecto mulleres colleiteiras.
Trátase dun proxecto de autoemprego para mulleres en situación de exclusión social. Se tendes aceite usado podedes traelo e este colectivo encargase de recollelo.

Ademáis:
Stands de artesanía, comercio xusto, Asociacións e entidades ambientalistas.

Artesán en xoiería artesanal, hama beads y amigurumis, cerámica e vidro, artigos de pel, artigos de ganchillo, especias, infusións e tes naturais…
Facebook: Oficina de medio ambiente UDC
Twiter: OMA_UDC
http://medioambienteudc.blogspot.com.es/2014/12/programa-v-feira-da-sustentabilidade-na.html

Contacto: oma2@udc.es

1495245_724481820975228_207247422019441615_o