Novas de ARCADIA III: III Xornadas en arquitectura e cooperación

habitat_1

NOVAS DAS III XORNADAS EN ARQUITECTURA E COOPERACIÓN. ARCADIA III

PROXECTO D`HABITAT, un grupo de traballo formado por profesores da ETSAC e Arquitectos Sen Fronteiras, presentou nestas xornadas os resultados das súas actividades, iniciadas en maio de 2013, ante un amplo auditorio, de académicos, profesionais e persoas interesadas nos aspectos sociais da arquitectura.

As xornadas tiveron lugar na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, os días 6 e 7 novembro de 2014.

Ao PROXECTO D`HABITAT foille encomendado a organización das IV Xornadas, que terán lugar na Escola de Arquitectura da Coruña en outubro de 2016.

Máis información: DHABITAT_ARCADIA_3_eng