VIAXE A TOMBUCTÚ: proxección no CGAI

tombuctú_1

VIAXE A TOMBUCTÚ estrease na Coruña, no contexto dunha xira europea, o luns 13 de outubro, ás 20:00h, no CGAI da Coruña, rúa Durán Loriga. A película conta unha historia íntima dun grupo de mozos dos 80 que viviron unha situación social e política convulsa no Perú, co terrorismo de Sendero Luminoso como telón de fondo.

Rossana Díaz Costa naceu en 1970, en Lima. Estudou Literatura na Universidade Católica do Perú e cinema na Facultade de Ciencias da Comunicación de Lima. Na actualidade, é profesora na Universidade Católica do Perú e dicta obradoiros de Guión e Apreciación Cinematográfica.

Máis información:

http://www.tombuktufilms.com/

www.cgai.org