Obradoiro 5 en Ourense

OBRADOIRO 5 EN OURENSE

O venres 19 de setembro, profesores e alumnos do OBRADOIRO 5 – Proxectos 5, Urbanística 2 e Construción 3 – da ETSAC foron a Ourense para coñecer e tomar datos dos emprazamentos propostos para os traballos do curso, que se van realizar na área termal da beira do río Barbaña, na capital das Burgas.

Os alumnos foron recibidos polos concelleiros José Angel Vázquez e Áurea Soto, e o presidente da Delegación do COAG, Alberto de Paula. José Maria Eguileta, Xefe do Departamento de Arqueoloxía, e Elvira Carregado, arquitecta municipal, introduciron os parámetros históricos e urbanos máis relevantes da cidade e da área de estudo. Pola súa banda, o xeólogo e profesor da Universidade de Vigo, Pedro Araújo, explicou as situacións hidroxeolóxicas que provocan os afloramentos das fontes termais, como os das Burgas.

O traballo dos OBRADOIROS 5 e 6 vanse desenvolver, ligados aos programas termais, neste ámbito tan interesante como necesitado de ideas e contribucións. Así, os proxectos dos nosos alumnos terán unha proxección máis alá do ámbito universitario, dando solucións e participando nun debate urbano, que neste momento, está a plantexarse en Ourense.

A ETSAC e o OBRADOIRO 5 queren agradecer a todos os participantes nesta xornada a súa participación xenerosa.

obradoiro5_1

obradoiro5_2