II XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN

II XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN organizadas este ano conxuntamente pola ASOCIACIACIÓN ESPIGA coa DEPUTACIÓN DE LUGO – TERRAS DO MIÑO, o CONCELLO DE RÁBADE e a colaboración da Asociación Galega para a Custodia do Territorio. Este ano terán lugar no CENTRO SOCIOCULTURAL de Rábade, o vindeiro fin de semana do 26, 27 e 28 de setembro. (Asistencia gratuita)

O tema elexido para este ano será o da MADEIRA ESTRUTURAL, contemplando nas xornadas un total de 14 conferencias e 4 obradoiros prácticos sobre diferentes temáticas dentro do sector. Quixemos abarcar dende a extracción, xestión dos montes, historia do uso e tipoloxías das madeiras usadas aquí en Galicia, así como todas as aplicacións e sistemas constructivos innovadores, onde poderemos escoitar dende relatores sobre a madeira laminada, contralaminada,  madeira maciza. Ademáis contaremos con un gran número de profesionais que darán información sobre as propiedades e comportamentos da madeira. O obxectivo de estas xornadas é aumentar o uso da madeira estructural en edificación xa non só dende o punto de vista da bioconstrución senón por moitos outros criterios como poden ser a durabilidade, a doada posta en obra e tempos de colocación, a beleza e o confort térmico. Esperamos que vos animedes a traer dúbidas técnicas para comentalas entre todas as asistentes e especialistas, tomando estas un ano máis xornadas como un punto de referencia para o encontro entre profesionais, usuarias e autoconstructoras para resolver dúbidas e compartir coñecementos.

http://espigabioconstrucion.org/?page_id=440