Seminario Hábitat a Escala Humana

DHabitat é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento, que nace na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña en consorcio coa asociación Arquitectos Sen Fronteiras e co apoio económico da Xunta de Galicia.
Entre as actividades formativas e de sensibilización que forman parte do proxecto, inclúese a organización da 2ª edición do Seminario “Hábitat a Escala Humana”, o cal adopta un papel de complementariedade dos contidos do curso en liña realizado de xeito paralelo, a través do desenvolvemento teórico de certos conceptos ou mesmo da exposición de experiencias concretas.
OBXECTIVOS
– Fomentar e visibilizar a transdisciplinariedade no traballo en torno ao hábitat como ferramenta básica para incorporarse ou desenvolver a estratexias orientadas a xerar un cambio social en favor dunhas condicións de vida máis equitativas e humanas.
– Mellorar as capacidades e habilidades dos profesionais no enfoque das necesidades humanas en procesos de desenvolvemento compartidos e coordinados entre diferentes actores.
– Aportar miradas complementarias sobre as temáticas tratadas a partires de persoas de recoñecida traxectoria y experiencia.
PROGRAMA

SESIÓN 1 – Xoves, 3 de Abril de 2014 – 16:30h [3h]
DEREITO AO HÁBITAT E Á CIDADE
Ana Filgueira + Vanesa Valiño (Observatorio DESC)
Perspectiva complexa do hábitat; dimensións e a evolución conceptual. O dereito á cidade. Aproximación aos asentamentos humanos e á súa precariedade. Degradación da cidade existente e recoñecemento de procesos.

SESIÓN 2 – Luns, 5 de Maio de 2014 – 16:30h [3h]
HABITABILIDADE BÁSICA
Carlos González Lobo + Mª Eugenia Hurtado + Felipe Colavidas
Os retos da pobreza humana. A habitabilidade básica como dereito e como reto. Políticas e prácticas do sector “informal” de vivendas evolutivas e de asentamientos.

SESIÓN 3 – Xoves, 29 de Maio de 2014 – 16:30h [3h]
XESTIÓN SOCIAL DO HÁBITAT
Sostre Civic* + Hiria Kolectivoa
Conceptos e actores na xestión social do hábitat. Políticas, modelos e experiencias. Dereito á vivenda e políticas relacionadas.
*pendente de confirmación

SESIÓN 4 – Xoves, 26 de Xuño de 2014 – 16:30h [3h]
INTERVENCIÓN SOCIAL
Raons Públiques + Carlos Verdaguer
Modelos, retos e principios básicos da intervención social. Metodoloxías e experiencias de procesos participativos.

SESIÓN 5 – Xoves, 17 de Xullo de 2014 – 16:30h [3h]
TECNOLOXÍAS APROPIADAS
Alejandro Fernández + Enxeñería sen Fronteiras

Definición e características das tecnoloxías apropiadas. Planificación urbana para un desenvolvemento sustentable. Arquitecturas vernáculas e patrimonio histórico. Sistemas tradicionais de construción. Sistemas de auga, saneamento e enerxía. Tecnoloxías para o desenvolvemento. Tecnoloxías para a urxencia.
LUGAR
Salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. Campus de A Zapateira s/n.
INSCRICIÓN
Aínda que a asistencia é libre, as inscricións son gratuitas e darán acceso a un certificado de asistencia e ao correspondente recoñecemento de créditos de libre elección por parte da Universidade de A Coruña para aquelas persoas que asistan a lo menos ao 80% das sesións (en tramitación). Estarán abertas ata o día 3 de Abril antes das 12:00h e pódense realizar a través do seguinte formulario. Para máis información consulta galicia.asfes.org ou escribe un correo electrónico a galicia@asfes.org.