A ETSAC presenta a xornada NOVOS TERRITORIOS. VOCACIÓN E RECICLAXE PROFESIONAL DESDE A ARQUITECTURA
A través dunha serie de palestras presentadas polo director da Escola, Fernando Agrasar, os nosos convidados, maioritariamente egresados da ETSAC, amosarán a súas experiencias en campos tanxenciais á arquitectura.
Estamos a falar da edición, a ilustración, o deseño de automóbiles, a xoiería, as artes escénicas, a fotografía e a montaxe de exposicións. Intervirán: Óscar Pedrós, Eva Alfonso, Felipe Trillo, Jacobo Domínguez, Beatriz Pérez, Ramón de los Heros e Ana Belén Amado.
Neste contexto, os profesores Pedro de Llano e Plácido Lizancos presentarán a última publicación PFC ETSAC, reflexionando sobre os procedementos gráficos de ideación e análise nos proxectos fin de carreira, nos que interviron algúns dos convidados.
Coordinación: Óscar Pedrós e Evaristo Zas