Terceira sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana 2015: Xestión Social do Hábitat

When:
15 Maio, 2015 @ 09:00 – 15:30
2015-05-15T09:00:00+00:00
2015-05-15T15:30:00+00:00
Where:
Salón de Actos. ETSAC
O próximo venres 15 de maio a partir das 11:00 horas na Escola de Arquitectura da Coruña, terá lugar a terceira sesión do Seminario Hábitat a Escala Humana do 2015, baixo o título ‘Xestión Social do Hábitat.A asistencia é libre, as inscricións son gratuítas e darán acceso a un certificado de asistencia e ao correspondente recoñecemento de créditos de libre elección por parte da Universidade da Coruña para aquelas persoas que asistan ao 75% das sesións (en tramitación).
Participarán:
RITA RADL PHILLIPP | 11:00h
“La socialización en función del género: aspectos diversos” 
 
Licenciada en Socioloxía, Ciencias da Educación e Psicología na Universidad de Darmstadt e Frankfurt (Alemaña), doctorouse na Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesora dende o curso 1979/80. Catedrática de Socioloxía, no campo da “Socioloxía da Educación”, na Facultad de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixe o “Grupo interdisciplinar dos estudos das Mulleres” desta Universidade, primeiro grupo de investigación sobre Educación e Xénero nunha Universidade Galega.
MARÍA PRATS FERRET | 12:00h 
“Miradas inclusivas para repensar el espacio urbano” 
 
Doctora en Xeografía Humana, Universitat Autónoma de Barcelona (UAB). Profesora Titular de Análise Xeográfico Rexional do Departamento de Xeografía da UAB. Membro do Grupo de Investigación en Xeografía e Xénero domesmo Departamento. Membro do Instituto Interuniversitario de Estudos de Mulleres e Xénero. Participou en proxectos de investigación e ten publicado diversos artigos e capítulos de libros relacionados cos seus principais temas de investigación: espazos públicos e usos do tempo dende unha perspectiva de xénero; xeografías da infancia e a xuventude; estudos africanos: mulleres e desenvolvemento.
+ Información 
 
 
JOSÉ EXPÓSITO | 16:00h 
“Os homes pola igualdade: a experiencia dos Micromachiños en Compostela” 
Axente de Igualdade e socio fundador de Lilith Acción Social e Educativa, empresa adicada á investigación e á intervención en proxectos sociais dende a perspectiva de xénero e materializada hoxendia na libraria feminista “Lila de Lilith” en Santiago de Compostela. Forma parte do colectivo Micromachinhos, grupo de homes de Compostela que tratan os conceptos de novas masculinidades a través do autocoñecemento e das reflexións, observacións e viviencias entre eles e os roles masculinos aceptados e asimilados pola sociedade, identificándoos e debaténdoos.
+ Información
Haberá streaming de vídeo en directo.
 
Se queredes ver algunha das conferencias das sesións anteriores podedes velas na seguinte lista de reproducción: https://www.youtube.com/playlist?list=PLaAfdCiZtlcHoOGVK3Wvabb_jmHU6OpV_
Sin título