Roterio e obradoiro de ergonomía e mantemento básico da bicicleta

When:
5 Novembro, 2014 @ 17:00 – 19:00
2014-11-05T17:00:00+00:00
2014-11-05T19:00:00+00:00
Where:
Praza de Pontevedra/Xoana Capdevielle

Todas aquelas persoas que desexen coñecer unha ruta segura e alternativa para chegar ao campus desde o centro da Coruña en bicicleta, poden achegarse o 5 de novembro ás 17:00 h á praza de Pontevedra (fronte a cafetería Manhattan) en bici, para subirmos desde alí até Elviña.

Á continuación, ás 18 h no edificio Xoana Capdevielle, dará comezo un obradoiro impartido pola asociación Mobi-Liza, onde aprenderemos os coidados básicos da bicicleta. Os axustes, o coidado e as reparacións da nosa montura son un factor crucial para facer dela un medio de transporte cotián, eficiente e fiable. Ademais aprenderemos a axustar a nosa montura para así poder ter a posición correcta e non sufrir lesións.

Esta actividade ten prazas limitadas, polo que se queres inscribirte envía un correo a oma3@udc.es indicando en cal das actividades participarás: a) no roteiro en bici dende a Praza de Pontevedra a Elviña, b) No obradoiro de ergonomía e mantemento básico da bicicleta.

cartaz_roteiro