REFORESTACIÓN PARTICIPATIVA NO MONTE DA FRAGA

When:
30 Xaneiro, 2014 @ 12:00 – 17:00
2014-01-30T12:00:00+00:00
2014-01-30T17:00:00+00:00
Where:
Entrada principal da Facultade de Ciencias

A Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza unha actividade de reforestación participativa no Monte da Fraga.

Continuando coa súa programación, as bolseiras da OMA – UDC propoñen a realización desta actividade o xoves 30 de xaneiro de 2014.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2014.

            Continuando coas actividades de recuperación do Monte da Fraga, a Oficina de Medio Ambiente propón a realización dunha primeira acción para a reforestación do Monte da Fraga. Encol a esta actividade, realizouse previamente unha visita guiada e unha conferencia sobre este tema. Nos seguintes meses programarase outra acción que continúe as labores iniciadas na actividade do próximo día 30.

Programa da xornada:

A actividade se desenvolverá de 12:00h a 17:00h. O lugar de encontro será a entrada principal da Facultade de Ciencias. As labores a realizar serán:

  • Plantación das árbores: serán unha ducia de árbores que distribuiremos na contorna da zona onde se construíu a charca o curso pasado.
  • Acondicionamento da charca. Desenvolveranse traballos de reconstrución das marxes da charca e dos elementos que estean deteriorados. Procederase tamén a plantar especies de vexetación emerxente (xuncos e lirios) para favorecer a súa colonización.  Disponse destas especies no humidal de depuración de augas residuais que hai no campus da UDC.
  • Colocación de caixas niño.

Lugar de realización:

Monte da Fraga.

É preciso traer un bocadillo para o xantar, ademais de calzado e roupa de traballo axeitada ao tempo. A organización achega a ferramenta necesaria para o desenvolvemento da actividade.

                As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse:

Correo-e: oma3@udc.es

Mais información:

Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/