CURSO DE VERÁN: Procesos habitados. As arquitecturas nas que vive o outro 90%

Cuando:
8 Setembro, 2014 a las 16:00 – 12 Setembro, 2014 a las 20:00
2014-09-08T16:00:00+00:00
2014-09-12T20:00:00+00:00
Donde:
ETSAC
CURSO DE VERÁN: Procesos habitados. As arquitecturas nas que vive o outro 90% @ ETSAC
Dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvemento, levado a cabo por Arquitectos Sen Fronteiras e a Universidade da Coruña, se realizará dentro da oferta de cursos de verán da UDC, un pequeno obradoiro no que levar a práctica todos os contidos traballados no curso en liña e no seminario desenvolvidos.
8, 9, 10, 11 y 12 de setembro, de 16 a 20 horas
Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña
A crise habitacional que é a norma en gran parte do mundo, agora coas súas peculiaridades maniféstase tamén aquí e require ser resolta con ferramentas que non atopamos nos modos de operar formais, esgotados ou fracasados. Así pois o estudo do INFORMAL e do NON CONVENCIONAL, que resolve a sede de habitación do 90% da humanidade, coas súas estratexias centradas nos procesos e nas persoas e non nos produtos arquitectónicos antóllasenos un camiño a explorar para acometer exitosamente a problemática do hábitat contemporáneo.
Durante o obradoiro se falará da realidade urbana de Mozambique e Venezuela (a través das leccións maxistrais de Luis Lage e Henry Vicente), e se analizarán tres casos concretos: a casa postvernácula galega, a corrala utopía e as vivendas autoconstruídas en Marinaleda.
Datos do curso:
  • Duración: 20 horas
  • Recoñecemento académico: 2 créditos de libre elección / 1ECTS
  • Prezo público xeral: 50 € / Prezo reducido: 30 €
  • Bolsas (matrícula gratuita): 4 bolsas para estudantes, 1 para PAS, 1 para PDI
Matrícula

Calquera dúbida podes poñerte en contacto a través do correo electrónico: galicia@asfes.org