Presentación na ETSAC dos proxectos Iacobus 2012

Cuando:
31 Maio, 2012 a las 11:30 – 16:00
2012-05-31T11:30:00+02:00
2012-05-31T16:00:00+02:00
Donde:
Escuela Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña acolle estes días alumnos de arquitectura das escolas de Regensburg e de Clermont Ferrand, participantes, xunto cos anfitrións coruñeses, no programa Iacobus 2012 consistente en que os estudantes propoñan proxectos de rehabilitación do patrimonio europeo.

Nesta edición os estudantes tiveron que traballar na rehabilitación do Palacio Dalberg de Regensburg e mañá, a partir das 9:30 horas comezará na Escola de Arquitectura a presentación dos 22 equipos: sete proxectos alemáns, sete franceses e oito españois. O mellor dos proxectos recibirá o premio Rafael Baltar.
O reitor, Xosé Luís Armesto, abrirá a sesión de traballo que se prolongará ao longo de todo o día e que contará coa asistencia do director da Escola, Fernando Agrasar, o coordinador do proxecto na Coruña, Felipe Peña, e profesores das tres escolas participantes.