Palestra de Fernando Agrasar na Academia Galega de BBAA

When:
21 Xuño, 2016 @ 20:00
2016-06-21T20:00:00+02:00
2016-06-21T20:15:00+02:00
Where:
Real Academia de Belas Artes, Praza do Pintor Sotomayor, 1, A Coruña
Cost:
Free

brasilia_1

 

O vindeiro martes día 21 de xuño terá lugar na Real Academia Galega de BBAA a palestra “Brasilia: o soño moderno” impartida polo profesor Fernando Agrasar Quiroga, director da ETSAC.
Cumpridos os 50 anos da inauguración de Brasilia, o proceso do seu proxecto e construción, pódese ler dende a súa realidade actual e a evolución da cultura arquitectónica. Toda a crítica da segunda metade do século XX, tanto Benevolo coma Frampton ou Curtis, teñen emitido xuízos negativos sobre Brasilia. Estas valoracións están lastradas polo fracaso da modernidade e chocan coa beleza e singularidade dun experimento urbanístico, sociolóxico e artístico, que segue a sorprender e conmover ao viaxeiro.
Data: martes 21 de xuño, ás 20:00h

Lugar: Real Academia Galega de Belas Artes, Praza do pintor Álvarez de Sotomayor, 1, A Coruña