Ourense imaxinado: expo na ETSAC

When:
1 Decembro, 2015 @ 09:29 – 31 Marzo, 2016 @ 10:29
2015-12-01T09:29:00+01:00
2016-03-31T10:29:00+02:00
Where:
Espazo expositivo andar 0, ETSAC

ourense_6

 

A exposición que se vai inaugurar estes días na ETSAC, OURENSE IMAXINADO, é un percorrido por un Ourense que non existe, pero recoñecible, a través de dez proxectos idealizados nos últimos cen anos.

Entre decembro e marzo poderemos contemplar as tres partes nas que se estrutura esta exposición:

EQUIPAMENTOS [1913-1949]
Catro propostas de edificios significativos proxectados para a cidade compacta.
-Teatro de Variedades [ Daniel Vázquez-Gulías / Valentín Vallhonrat]
-Gran Balneario nas Burgas [ Pedro García Faria]
-Acceso Occidental a Catedral e Praza de San Martiño [Antonio Palacios]
-Recinto Feiral [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Palazón]

EXPANSIÓN [1947-1961]
Tres proxectos urbanos que estudan a expansión de Ourense despois da anexión de Canedo.
-Estación de Autobuses [Mariano Rodríguez Sanz / José Luis Tovar]
-Plan Parcial das Lagoas [Durán Loriga / Roncal Navarro / Pérez Arbúes].
-Ronda Bulevard [Varios Autores]

MODERNIZACIÓN [1967-2010] Tres proxectos onde Ourense abraza a vangarda.
-Residencia de Estudantes da Caixa de Aforros [Alejandro de la Sota]
-Estudos para as Ribeiras do ríos [MBM]
-Estación Intermodal [Norman Foster / Cabanelas-Castelo / G.O.C]

A superposición central liga o Real [ortofoto] co Imaxinado [metacrilato]. Cada unha das seccións está acompañada de dúas fotos fixas. A ortofoto [Ourense] e o Plano xeral de ordenación de cada época [Imaxinado].

Curadoría, deseño expositivo e dirección: Alberte Pérez , Carmela Galego, Carlos Mosquera, Enrique Iglesias para trespes.arquitectos

Deseño: Adriana Pérez, Xosé Lois Vázquez, Silvia Belmonte, Nicole Carpentier para Disigna Edenia

Produce: Concello de Ourense

Máis información: www.ourenseimaxinado.com

 

OURENSE_1

OURENSE_00

OURENSE_2

OURENSE_4